ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Trives vístese de negro contra a violencia de xénero

O programa de actos para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero comezaba xa o 19 de novembro

Dende o 19 de novembro no concello de Trives estanse a desenvolver unha serie de actividades para conmemorar a celebración o vindeiro 25 de novembro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Comezaban coa colocación das pancartas no balcón do Concello e na Torre do Reloxo e bandeiriñas na Praza do Pilón. Ademais estase facendo visible “Trives en negro”, vestindo desta cor e simboloxía de cor negra todos os locais da vila que se sumen á campaña.

Xa o día 25, domingo, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, terá lugar a ruta de sendeirismo “Sempre libre e sempre viva”. É un percorrido de dificultade baixa, dunha hora de duración aproximadamente. A saída será ás 11 da mañá diante da Praza do Concello.

Ás 12:30h. na Praza do Pilón, farase a “Lectura Do Manifesto”, e a continuación, xa finalizando o acto, contarase cunha pequena homenaxe musical feita polo Orfeón Trivés. “Desde o Concello da Pobra de Trives estamos a traballar contra as violencias machistas e a prol da igualdade das mulleres. Todas e todos en negro, contra a violencia”, indican dende esta administración.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button