Entre as medallas colleitadas polos atletas do oriente ourensán no Campionato Galego nas categorías alevín, benxamín e infantil que se desputaba no Barco estaba a dunha trivesa. Alexandra Sierra Rioz (Adas) facíase co segundo posto autonómico na proba de martelo infantil, cun lanzamento de 24,31 metros. Nesta mesma competición vencía a súa compañeira de club Ainara Alejandre.