DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Triveses e valdeorreses, entre os 11.000 corredores da San Martiño 2018

A carreira pedestre popular de Ourense é unha cita de referencia para os afeccionados ao atletismo

Dende hai corenta e dous anos, a carreira pedestre popular San Martiño é unha cita sinalada no calendario de miles de persoas de toda Galicia. Uns profesionais, loitan por un caixón do podio. Outros, meros afeccionados retánse ao si mesmos na procura do mellor tempo. E outros, a maioría participa polo simple pracer de correr e participar na festa do atletismo en Ourense, animando e mesmo disfrazándose.

Iso é a San Martiño, unha auténtica festa que na mañá do 18 de novembro pintou de cores a cidade das Burgas. Entre eles, corredores que levan moitas edicións as costas. Coma sempre foi ampla a representación valdeorresa, do Club Adas, do Fluvial Barco ou do Club Atletismo Rúa en equipo, e despois de corredores a nivel individual. Xente do Barco como Francisco Bao que corría en Ourense a carreira 500, e tamén da Rúa como Adrián Fernández ou Pablo Cao, entre outros. Tampouco faltaron á cita corredores asiduos da comarca de Trives, entre eles Pío Domínguez e Ricardo Vieites.

Esta cita lúdico-deportiva é xa un fenómeno de masas no que os corredores son os protagonistas. Pero non os únicos que participan contando nesta edición cun amplo operativo no que tamén colaboraron 42 voluntarios de Protección Civil de Ourense, 9 de Protección Civil de Barbadás e 27 da Cruz Vermella, que se suman ao dispositivo que despregará a Policía Nacional e a Policía Local para velar pola seguridade da carreira e dos seus participantes. Tamén os medios de comunicación tiveron un papel importante, cun amplo despregue de medios (fotógrafos, redactores, cámaras,…).

Fotos: Mónica G. Bellver/ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button