OurenseÚltima hora

Trofeo Fundación Estanislao Reverter no 48 Rallye Ourense Termal

Nesta edición do rallye volveranse ver as caras pilotos como Fuster ou Vallejo

Microsoft Word - Nota de prensa - Comunicado 48ROU - 16.doc

Por segundo ano consecutivo, o Rallye Ourense Termal que esta fin de semnana chega á 48 edición contará cun trofeo proporcionado pola Fundación Estanislao Reverter.

A Fundación e Escudería Ourense (organizadora da quinta proba do campionato de España de rallyes de asfalto) acordaban o ano pasado premiar ao mellor piloto novel de cada edición xa que “Estanislao Reverter sempre apoiou e axudou aos pilotos que comenzaban neste apaixonante deporte” explican dende a propia Fundación.

Igual que o ano pasado, o trofeo consistirá nunha réplica de “slot” do “Alpinche” que correu no Rallye Rías Baixas de 1971 a escala 1/32 donado por Kit Car 43 para tal efecto.

De igual forma, co obxecto de restaurar o mítico “Alpinche” accidentado en 1975 no Rallye do Sherry, a Fundación Estanislao Reverter celebra dende o 8 ata o 18 de xuño e a través de ebay, plataforma mundial de compraventa, unha subasta solidaria de diversos obxectos donados por grandes figuras do automobilismo.

Artigos relacionados

Back to top button