DeportesÚltima hora

Troita de premio para pescadores novatos en Río

Os tres pescadores de Río coa súa asombrosa troita./ Foto cedida por Xosé Manuel Pérez.
Os tres pescadores de Río coa súa asombrosa troita./ Foto cedida por Xosé Manuel Pérez.

Primeiro día de pesca da tempada para tres mozos de San Xoán de Río case debutantes no deporte. Non tiñan grandes expectativas, pero a sorte sorríulles e de qué maneira. “Antes de ir estivemos almorzando con todos os pescadores profesionais que marchaban a ríos ou encoros que están, como mínimo a unha hora de coche, e nós baixamos pasar o rato ao encoro de Guístolas do noso concello cunhas empanadas e cunha caixa de cervexas”, conta Xosé Miguel Pérez.

A sorpresa saltaba xusto antes de empezar a recoller para marchar. “Cando fumos coller a última caña, atopámonos que estaba picada, e xa cando aparecemos no bar ningún dos pescadores profesionais daba crédito da nosa captura e da forma de collela. Eles voltaron todos de vacío”, engade Xosé Miguel.

Artigos relacionados

Back to top button