DeportesPescaÚltima hora

Troitas de diferentes tamaños na apertura da tempada de pesca para o Club Spinning Valdeorras

 

O domingo 20 de marzo miles de afeccionados galegos á pesca collían as canas rumbo ao río para desfrutar da primeira xornada de pesca fluvial da tempada. Entre eles os membros do Club Spinning Valdeorras que se estreaban con capturas de diferentes tamaños en Valdeorras, A Veiga ou Quiroga.

Así e todo, tal como asegura o presidente do club valdeorrés, Daniel Prada, a apertura da tempada de pesca non adoita ser un bo día para pescar. “Hai moita xemte e o único que se engana é a troitas pequenas”, di. Troitas que de contado volven ao río.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button