DeportesÚltima hora

Trotadas xunta nun mesmo día o Maratón de Valdeorras e a Romería As Ermitas

Esta xornada deportiva e lúdica remataba no santuario mariano das Ermitas (O Bolo)
A andaina partía do Aguillón rues. Foto: Trotadas Valdeorras.
A andaina partía do Aguillón rues. Foto: Trotadas Valdeorras.

Dúas probas completamente diferentes, carreira e andaina, nunha mesma xornada de convivencia deportiva. Trotadas celebraba con éxito o 17 de maio unha dobre cita: o V Maratón de Valdeorras e a IV Romaría As Ermitas. “Nesta ocasión decidimos unir os dous eventos nun e a verdade é que ten sido un acerto. Ambos percorridos aumentaron a súa dificultade, pero ganando moita máis brillantez”, asegura a organización.

A camiñata da Romaría das Ermitas partía do Aguillón rues con 18 participantes rumbo ao santuario bolés (un traxecto de 18 km), pero nesta edición contaba cunha novidade: engadíase unha nova distancia de 11 km, iniciando o percorrido na Portela (con dous participantes).

Os participantes no adro do Santuario das Ermitas (O Bolo)./ Foto: Trotadas Valdeorras.
Os participantes no adro do Santuario das Ermitas (O Bolo)./ Foto: Trotadas Valdeorras.

No caso do maratón, cuxa saída se daba na praza do Concello do Barco, ata completar os 42 km da proba “fixemos un pequeno bucle no Barco ata Viloira e demos unha volta completa á chopeira da Rúa. A esta distancia enfrontáronse con éxito 5 esforzados corredores e ademais dous participantes máis uníronse á carreira na Rúa, completando unha distancia duns 25 km”, segundo Trotadas.

O tempo axudou e o sol, e mesmo o calor, permitíulles aos asistentes desfrutar nas Ermitas dun baño no río. Despois foron a ofrecerlle un ramo á Virxe. De seguido, desfrutábase dun merecido xantar no restaurante Volobriga do Bolo e a xornada deportiva finalizaba coa entrega de trofeos.

Artigos relacionados

Back to top button