OurenseÚltima hora

“Trote”, a primeira longametraxe de Xacio Baño, este luns 14 de xaneiro na biblioteca pública de Ourense

O Cineclube Padre Feijoo proxectará o filme en dúas sesións: 20:30 e 23 horas
Fotograma de “Trote”. /Foto: Frida Films.

Na súa primeira longametraxe, o cineasta galego Xacio Baño (familiarmente vencellado a Valdeorras) achega unha visión diferente, crúa e moi persoal da vida na aldea a través da historia dunha familia que, tras un accidente, sufre unha perda, coincidindo coa celebración da “Rapa das Bestas” na localidade.

Trote (2018) conta a historia de Carme. Filla de…, irmá de… que vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai doente. Traballa nunha panadaría e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir.

Da man do Cineclube Padre Feijoo, o filme de 83 minutos de duración, proxectarase mañá, luns 14 de xaneiro, ás 20:30 e 23 horas no salón de actos da biblioteca pública (Casa da Cultura) de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button