ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Túnel de terror no Samaín de Trives

Publicidade

Con multitude de actividades pensadas para os máis pequenos pero tamén para os adultos, celebrábase a partires das 16h. deste 31 de outubro en Trives a festa do Samaín, tendo como escenario o edificio de Santa Leonor.

 

Participantes no Samaín en Trives./ Foto cedida.

 

Esta celebración, organizada pola AMPA do colexio trivés e polo Concello, comezaba cun taller de maquillaxe, seguía cun singular e sorprendente túnel do terror con escenas como a dun exorcismo, tampouco faltaba o xogo do truco ou trato e, deseguido unha moi doce merenda terrofírica con todo luxo de detalles. O broche era un saboroso chocolate con churros. Despois había animación musical.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button