OurenseÚltima hora

Túnel do Viño da D.O. Monterrei, en Lugo

Dirixido polo experto Luis Paadín, terá lugar este mércores 10 de outubro no restaurante Eduri entre as 18h. e as 21h.
Imaxe do Túnel da D.O Monterrei celebrado en Ferrol en agosto./ Foto: CRDO Monterrei.

Referencias de 19 adegas de Monterrei poderán catarse o vindeiro mércores 10 de outubro no túnel do viño desta denominación de orixe que se celebrará no restaurante Eduri de Lugo. Entre as 18h. e as 21h. este establecemento de hostelaría acollerá a profesionais deste sector, distribuídores, sumilleres, medios de comunicación e alumnos de escolas de hostelería. A través desta iniciativa os participantes poderán coñecer as peculiaridades dos viños de Monterrei.

A dirección da cata correrá a cargo do experto Luis Paadín, que ofrecerá explicacións técnicas sobre historia, características edafoclimáticas, variedades de uva ou tipoloxías de viño desta denominación de orixe. Ademais falará sobre os lagares rupestres existentes en Monterrei.

Nesta ocasión as adegas que formarán parte do túnel son: Pazos del Rey, Ladairo, Gargalo, Castro de Lobarzán, Quinta do Buble, Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Boo-Rivero, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Concepción Paradela Martínez, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Trasdovento e Pazo das Tapias.

“Este Túnel continúa o programa de iniciativas promocionais da D.O. Monterrei para este 2018”, destaca a presidenta, Lara Da Silva, “que permitiu achegar os nosos tintos e brancos a diversas cidades do país como Bilbao, Ferrol, Barcelona, Santander, Madrid ou A Coruña”.

Para participar no Túnel de Vino de la D.O. Monterrei en Lugo será necesario confirmar asistencia no teléfono 982 252 920.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close