EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Túnel do Viño da D.O. Valdeorras en Xixón

Quince adegas desta denominación participaban nesta actividade que se desenvolve neste 17 de xuño na cidade asturiana

Ao longo deste luns 17 de xuño o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras está a desenvolver un Túnel do Viño na cidade asturiana de Xixón baixo o título “Showroom da D.O. Valdeorras, viños con espírito Atlántico”.

En concreto estase a realizar no Hotel Abba coa participación 15 adegas: A Coroa, Godeval, Melillas e Fillos, O Casal, Roandi, Ruchel, Alán de Val, Joaquín Rebolledo, Cooperativa Xesús Nazareno, Guitián e Blanco, Hacienda Ucediños, O Luar do Sil, Quinta da Peza, Sampayolo e Terriña. Pola tarde, o túnel (que comezaba ás 17h.) durará ata as 21:30h.

Con esta acción promocional a D.O. busca acheagar “os valores diferenciais dos viños da comarca ao público asturiano”, segundo o seu presidente, José Luis García Pando.  Dentro da “forte aposta” que o territorio amparado está a acometer en termos de promoción, García Pando resalta que o norte de España “xoga un papel fundamental pois é un dos ámbitos xeográficos do Estado onde máis presenza
teñen os viños valdeorreses e cómpre consolidala”.

Novas accións

O acto de Xixón únese aos realizados no que vai de ano en cidades como Madrid ou Santander. E proximamente, tamén se realizarán degustacións e exhibicións de viños da D.O. Valdeorras noutras cidades como Santiago de Compostela ou Barcelona.

Artigos relacionados

Back to top button