EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Túnel do Viño con 42 marcas da D.O. Monterrei, o 8 de marzo na Coruña

Esta xornada, dirixida polo sumiller Luis Paadín, enmárcase no programa de accións promocionais dos viños de Monterrei, co que se percorrerán varias cidades españolas nos próximos meses
Imaxe dun Túnel de Viños da D.O. Monterrei.

O Club de Cata Servino acollerá o vindero 8 de marzo a realización dun Túnel do Viño da Denominación de Orixe Monterrei con 42 marcas (de diversas colleitas) de 22 adegas. Esta actividade, dirixida polo experto Luis Paadín, desenvolverase entre as 18 e as 22 horas, coa asistencia de diversos profesionais do sector, distribuidores, integrantes de escolas de hostalería e sumilleres.

As adegas que formarán parte desta iniciativa son: Pazos del Rey, Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, Quinta do Buble, José Antonio Da Silva Pereira, José Luis Mateo García (Quinta da Muradella), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Boo-Rivero, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Concepción Paradela Martínez, O Cabildo, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández) e Trasdovento.

Luis Paadín ofrecerá diversas explicacións sobre a D.O. Monterrei, referíndose a cuestións como a súa orografía, historia, clima, solos, variedades de uva ou tipoloxías de viños. Ademais farase unha pequena presentación sobre os lagares rupestres existentes na comarca de Monterrei, a zona galega que concentra un maior número destas antigas estruturas gravadas na pedra.

 

O sumiller Luis Paadín, dirixirá este Túnel do Viño da D.O. Monterrei./ Foto: A.R.

Nesta iniciativa volverá contarse coa colaboración de produtos amparados baixo o selo de Galicia Calidade. “Esta acción está destinada a dar a coñeocer o noso territorio, historia e produto, así como a reforzar a nosa imaxe de marca”, asegura a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva.

Esta xornada está incluída no programa de accións promocionais dos viños de Monterrei, coas que se percorrerán varias cidades españolas nos próximos meses. Santander, Bilbao, Ourense, León ou Murcia serán algunhas das urbes nas que o público poderá coñecer as peculiaridades dos produtos desta denominación de orixe.

Artigos relacionados

Back to top button