EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O Túnel do Viño da D.O. Monterrei na Coruña reúne a máis de 200 persoas

Celebrábase no Club de Cata Servino e nel podían catarse unhas 42 referencias de ata 22 adegas embotelladoras desta denominación de orixe ourensá

A cidade da Coruña acollía na tarde do 8 de marzo un Túnel de Viño da Denominación de Orixe Monterrei con 42 marcas de 22 adegas embotelladoras. Esta iniciativa, celebrada no Club de Cata Servino, congregaba a máis de 200 persoas, entre as que había sumilleres, distribuidores, hostaleiros, exportadores, blogueiros gastronómicos, alumnos do “Obradoiro de viño de Galicia de Oleiros” e socios do citado club.

 

Os asistentes á actividade, ademais de degustar tintos e brancos de diferentes colleitas, recibían información sobre as características edafoclimáticas de Monterrei, variedades de uva o tipoloxías de viños. As súas dúbidas eran atendidas polos sumilleres Luis e Alejandro Paadín. Tamén se ofrecía unha pequena ponencia sobre os lagares rupestres da comarca, a zona de Galicia que alberga unha maior concentración destas estruturas.

 

As adegas participantes neste Túnel do Viño foron: Pazos del Rey, Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, Quinta do Buble, José Antonio Da Silva Pereira, José Luis Mateo García (Quinta da Muradella), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Boo-Rivero, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Concepción Paradela Martínez, O Cabildo, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández) e Trasdovento.

Ademais contábase, por segunda vez consecutiva, coa colaboración de produtos amparados baixo o selo de Galicia Calidade, en concreto de Lácteos Anzuxao e Rianxeira.

Artigos relacionados

Back to top button