EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Túnel do viño de Monterrei en Ourense, o 18 de abril

Nel poderán catarse ata 45 marcas diferentes desta denominación de orixe ourensá e terá  lugar no Centro Cultural da Deputación

 

 

Un total de 45 referencias diferentes de 18 adegas de Monterrei poderán catarse no Túnel do Viño que esta denominación de orixe ourensá organizará o vindeiro 18 de abril no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Terá lugar entre as cinco e as oito e media da tarde e nel Monterrei presentará os seus viños aos profesionais do sector na capital da provincia: hostaleiros, sumilleres, distribuidores, prensa, docentes e alumnos de escolas de hostalaría.

O túnel incluirá viños de diferentes colleitas e variedades de uva (godello, mencía, dona branca, araúxa), así como procedentes de diferentes solos (de lousa, graníticos, sedimentarios). A cata estará dirixida polo experto Luís Paadín, director da “Guía de Vinos de Galicia”, quen aportará diferentes aportacións técnicas. Ademais estará acompañado polo presidente do CRDO Monterrei, José Antonio Da Silva, quen vén de amosar o seu agradecemento ás adegas pola participación nestas actividades promocionais.

Nesta actividade tamén se contará con paneis con información complementaria da denominación de orixe, terras, pluviometría, variedades ou historia, así como cunha mostra fotográfica dos milenarios lagares rupestres da comarca de Monterrei. Segundo se indica dende o Consello Regulador de Monterrei, as persoas interesadas en asistir deberán confirmar su asistencia en luis@servino.net ou no teléfono 678-577933.

Esta xornada forma parte dunha iniciativa máis ampla de promoción itinerante dos viños de Monterrei, que percorrerá varias cidades españolas nas próximas semanas, e que permitirá degustar brancos e tintos desta denominación ourensá en lugares como Málaga o Xixón, entre outros.

Foto: Consello Regulador D.O. Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button