EconomíaEconomíaÚltima hora

Un túnel do viño de Monterrei e un torneo de golf, entre as novidades do Lázaro 2018 de Verín

O programa incluirá máis dunha trintena de actividades que se desenvolverán por toda a vila do 16 ao 18 de marzo
Acto de presentación da Feira do Lázaro 2018 en Verín.

Máis de trinta actividades de todo tipo formarán parte do programa da vindeira Feira do Lázaro 2018, que se celebrará en Verín do 16 ao 18 de marzo. Entre elas destacarán, como novidade, unha completa selección de actividades infantís pedagóxicas, o Túnel do Viño da D.O Monterrei, un Torneo de Pitch and Putt (Golf) e unha mostra de vehículos de ocasión. Ao igual que o ano pasado, a estas actividades súmanse a Feira do Libro, Feira de Artesanía, o Museo do Claustro dos Mercedarios (MCM), competicións de BTT, atletismo, fútbol e natación, actividades de ocio e menús “especiais Lázaro” (tamén estendidos ao pincho xoves).

O programa (que presentaba o marzo de por parte Gerardo Seoane, alcalde de Verín e concelleiro de Deportes; Purificación Caldelas, concelleira de Turismo e Comercio; Emilia Somoza, concelleira de Cultura e Festexos e Tamara Balboa, coordinadora de actividades do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas) aposta por asentar “os piares para lograr que estas tradicionais festas recuperen o esplendor que tiñan fai anos. Para iso, este ano ofrecemos novas e variadas propostas”, en palabras de Gerardo Seoane. “Esta é a intención deste Lázaro multicartel, con máis de trinta de actividades distribuídas por toda a vila, para todos os segmentos de público e tódalas idades” que se desenvolverán dende o venres á noite a durante toda a fin de semana.

No ámbito dos deportes, Gerardo Seoane, quixo destacar que, “como novidade, celebraráse nos Remedios o primeiro torneo de Golf, na modalidade Pitch and Putt, que xunto coas competicións de BTT, atletismo e natación, e o partido de veteranos entre os equipos de Chaves e Verín, conforman as cinco propostas deportivas do Lázaro 2018.”

Por outro lado, Tamara Balboa, coordinadora de actividades do CDR PORTAS ABERTAS, confirmou que a Feira Agro + Verín contará durante os días 17 e 18 de abril cunha interesante feira de mostras, ubicada no Pavillón Municipal de Deportes de Verín, repleta de actividades, todas relacionadas cos cambios experimentados no rural e nos traballos que antano se practicaban, conxugando tradición e innovación. “Este ano como novidade, contaremos tamén co Túnel do Viño da D.O Monterrei”, explicou Balboa.

 

 

Pola súa banda, Purificación Caldelas quixo facer especial fincapé no completo programa de actividades pedagóxicas infantís programado para as festas no pavillón municipal durante os días 17 e 18 de marzo. “ Atendendo a temática da Feira do Lázaro, consideramos que sería moi acertado traballar con obradoiros sobre a natureza, as habilidades manipulativas e sobre a creatividade”. Por último, Caldelas explicou que, para complementar o programa, este ano haberá unha mostra de vehículos de ocasión na rúa Irmáns Moreno.

No que actividades musicais e culturais se refire, Emilia Somoza, concelleira de Cultura e Festexos, destacou que se mantén a liña de programación das anteriores edicións “ofrecendo actuacións pensadas para todas os segmentos de público. “Do mesmo xeito que en anos anteriores, a Praza da Mercé acollerá, durante os días 16, 17 e 18, a Feira de Artesanía, na que participan 19 stands, o Museo Claustro Mercedarios (MCM), con novas salas e exposicións, e a Feira do Libro. Ademais a Asociación de Hostaleiros dá Comarca de Verín promoverá, coa colaboración do Concello de Verín, o menú “Especial Lázaro”. O deseño da cartelería e elementos gráficos de esta edición do Lázaro 2018 correu a cargo do deseñador gráfico, Jorge Godás Limia.

Artigos relacionados

Back to top button