EditorialOpinión

Turismo activo e medio rural

A provincia de Ourense vaise dotando de empresas relacionadas co turismo activo. Estas iniciativas necesitan das administracións máis promoción

Ourense é un destino privilexiado para a práctica de deportes e actividades na natureza. Posúe unha gran diversidade paisaxística, gran riqueza de flora e fauna e entorno únicos e de gran valor natural, entre os que figuran tres parques naturais. A natureza é tamén unha das principais motivacións polas que os turistas visitan Galicia, de aí o interese por canalizar esa demanda e ofrecer paquetes e ofertas de turismo activo aos visitantes. Unha dinámica que permitiría dinamizar economicamente os núcleos rurais situados á beira deses espazos de interese natural, tal e como xa sucede noutros lugares. Son ademais ofertas e paquetes que poden estar ligados a outros tipos de turismo, como serían o cultural, o termal ou o enolóxico. Sobre turismo activo e de natureza falamos na reportaxe que enceta o número de agosto do Periódico O Sil.

E, se ben é certo que aínda queda moito camiño por percorrer neste sector, na provincia existen exemplos significativos de empresas que apostan por este tipo de produto de maneira illada ou como complemento aos seus propios establecementos de hostalaría. Entre elas destaca o complexo turístico da Estación de Montaña de Manzaneda, pero hai moitas máis e, en xeral, a súa opinión é que o turista demanda esta clase de produtos e que só fai falla un pouco de tempo para asentalos.

Nesta edición tocamos tamén infraestruturas tan vitais para a provincia como a futura A-76 ou o AVE. Delas falamos co deputado do PP por Ourense Celso Delgado Arco, quen ademais preside a Comisión de Fomento do Congreso, nunha ampla entrevista de tres páxinas que tiña lugar días antes do tráxico accidente ferroviario de Santiago.
A viticultura está tamén presente nestas páxinas tras a recente celebración da XVI Feira do Viño de Valdeorras en xullo e ante a vindeira Feira do Viño de Monterrei, que en agosto cumprirá oito edicións. E do viñedo á lousa, xa que a mediados de xullo a Asociación Galega de Pizarristas convocaba eleccións, nas que resultaba reelixido como presidente Víctor Cobo, que facía un balance dun sector que segue loitando por manter as ventas nos mercados exteriores.

Por suposto, non nos esquecemos de tocar temas como o turismo e as festas, cunhas páxinas especiais nas que se desgranan algunhas das citas máis destacadas na provincia nun mes festeiro por excelencia como é o de agosto.

E en deportes o seleccionador nacional absoluto feminino, Lucas Mondelo, de orixe valdeorresa, relata como foi a loita polo ouro no Eurobasket 2013 de Francia, no que España se proclamou campiona.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close