DeportesÚltima hora

Última proba da liga valdeorresa de orientación, no Castro

A cita deportiva será este sábado 5 de novembro a partires das 16 horas na localidade barquense
Unha proba de orientación disputada no Malecón do Barco, nas Festas do Cristo. /Foto: Mónica G. Bellver.
Unha proba de orientación disputada no Malecón do Barco, nas Festas do Cristo. /Foto: Mónica G. Bellver.

A localidade barquense do Castro acollerá este sábado 5 de novembro, a última proba da liga valdeorresa de orientación 2016, organizada polo Club Peña Trevinca O Barco, con percorridos para todas as categorías e para todos os públicos.

O programa arrancará ás 16 horas coa formalización de inscricións e quince minutos despois tomará a saída o primeiro corredor. O peche de meta está previsto para as 18:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button