ConcellosO BarcoÚltima hora

Ultímanse os preparativos da “Noite Branca” no Barco

Un total de 26 establecementos participarán nesta edición, con diversas novidades

Decoración exterior dun dos establecementos participantes nesta edición.

 

Quedan xa poucas para que cobre vida a sétima “Noite Branca”, que promove a Asociación O Barco Centro Comercial Aberto. Os establecementos participantes, un total de 26 nesta edición, afánanse xa cos preparativos e engalanando os seus locais para esta cita tan especial desta tarde-noite de 19 de xuño, e con certas novidades polo Covid-19.

Os comercios participantes ofrecerán aos clientes descontos e promocións en artigos de tempada, ampliando o seu horario de apertura ata as once da noite. Ademais, entregarán aos seus clientes vales para unha consumición gratuíta (prezo máximo canxeable 2 euros, e ata fin de existencias) que se deberán gastar nos establecementos hostaleiros participantes. Os vales serán entregados en compras superiores a 25 euros.

A través desta campaña O Barco CCA e os seus asociados queren agradecer aos clientes “o apoio ao sector nun momento complicado como o actual; e transmitir unha mensaxe de unión e forza”.

Establecementos participantes na VII Noite Branca do Barco:

 

Artigos relacionados

Back to top button