PolíticaÚltima hora

Último adeus ao primeiro presidente electo da Xunta da Galicia

Xerardo Fernández Albor./ Foto: Carlos G. Hervella.

Na mañá do 14 de xullo terá lugar o funeral do que o foi o primeiro presidente da Xunta de Galicia, tras a aprobación do Estatuto, Xerardo Fernández Albor (Santiago de Compostela, 1917. Tras coñecerse a nova da súa morte o 12 de xullo, a Xunta de Galicia decretaba tres días de loito oficial.

Con cen anos de idade, Fernández Albor contaba cunha ampla traxectoria política. Era doutor en Medicina e Cirurxía e no 1981 comezaba a súa militancia política. Tras a aprobación do Estatuto de Autonomía, en 1981 encabezaba a lista de Alianza Popular e resultaba elixido presidente da Xunta de Galicia, organismo que presidiu ata o ano 1987.

En 1989 resultaba elixido eurodeputado do PP, cargo que ocupou ata o ano 1999. Presidiu a Comisión para a reunificación de Alemaña no Parlamento europeo. Tamén foi presidente da Comisión de Asuntos Exteriores, vicepresidente da Delegación América do Sur o Mercosur, vicepresidente do Centro Latinoamericano para las Relaciones con Europa (CELARE), vicepresidente do Buró Político do Partido Popular Europeo e presidente/fundador do Intergrupo Camiño de Santiago no Parlamento europeo.

Ademais recibía ao longo da súa vida diferentes condecoracións e medallas nacionais e internacionais, entre elas en 2009 a Medalla de Ouro de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button