ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Último adeus ao sindicalista valdeorrés José Paradelo

O seu funeral celebrábase na tarde do 5 de abril na igrexa barquense de Santa Rita coa asistencia de multitude de persoas

Familiares, amigos, veciños e compañeiros de José Paradelo achegábanse na tarde do 5 de abril ata igrexa de Santa Rita no Barco para darlle o seu último adeus a este veterano sindicalista valdeorrés, que falecía onte, 4 de abril, aos 61 anos.

Paradelo iniciaba a súa traxectoria laboral na empresa Cedie, onde foi elixido secretario de organización da Unión Comarcal de Valdeorras en 1991 e, posteriormente, no 2002 pasou a ocupar a secretaría xeral deste sindicato, sendo ademais membro do Comité Nacional de UXT Galicia.

A partir de entón iniciaba unha traxectoria sindical ligada a UXT e á evolucion deste sindicato en Galicia, ocupando diversos cargos ata o mes de marzo de 2017, momento no que foi elixido secretario do sector de Minería e membro do Equipo de Traballo do pleno do sector mineiro estatal, postos que veu desempeñando ata a actualidade.

Entre as numerosas persoas que acudían ao seu funeral estaban compañeiros sindicalistas como o secretario xeral de UXT Galicia, José Antonio Gómez, e o ourensán José Luis Fernández Celis. Tamén asistían representantes do sector empresarial valdeorrés, boa parte deles relacionados do sector da lousa.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close