CulturaCulturaÚltima hora

Últimos concertos do “Terrasón 2020” este mes de agosto

Lou & Jane actuarán a noite deste sábado, 29 de agosto e La Buena Vida ofrecerán un concerto o domingo día 30 pola mañá

Big Grethel en concerto. / Foto: Carlos G. Hervella.

 

O ciclo de concertos en acústico “Terrasón 2020” continúa esta última fin de semana de agosto con dúas actuacións máis. Este sábado, 29 de agosto, o dueto Lou & Jane tocarán ás 22:30 no cruce das rúas Abdón Blanco e Conde de Fenosa. Ao día seguinte, domingo 30 de agosto, La Buena Vida amenizarán a sesión vermú ás 13:00h na zona do Paseo do Malecón próxima ás piscinas municipais.

O “Terrasón 2020”, que está a ter unha moi boa acollida entre os veciños, continuará tamén durante a primeira quincena do vindeiro mes de setembro cos concertos de Miguel Arias a noite do día 5, Los Íñigos o 12 e Sito Trío o 13. Con esta actividade, o Concello do Barco busca ofrecer unha programación cultural adaptada aos tempos de crise sanitaria e que permita cumprir con rigor todas as medidas hixiénicas para facer fronte á Covid-19.

Artigos relacionados

Back to top button