DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Uns 40 vehículos clásicos, en ruta por Quiroga e Valdeorras

A partires das 13h. deste domingo 5 de maio comezaba a I Valdeorras Classic. Os coches participantes, entre os que había Porsches e Mercedes, estaban expostos na explanada do Malecón do Barco

A vila de Quiroga era o punto de partida da I Ruta Valdeorras Classic, que se desenvolvía na mañá do 5 de maio. Dende alí os 40 vehículos participantes iniciaban un percorrido que se adentraba en Valdeorras e que chegaba ata O Barco.

Na explanada do Malecón tiña lugar un reagrupamento dos participantes, que deixaban alí os seus vehículos expostos, que eran admirados polo numeroso público. Entre tanto, tomaban un café e un aperitivo. A chegada á vila barquense estaba inicialmente prevista para as 12h., pero finalmente producíase unha hora despois.

Dende O Barco, a ruta continuaba ata Xagoaza, onde estaba prevista unha parada na adega Godeval e despois seguía ata o Paladium, de Vilamartín, onde se celebrará o xantar e a entrega de recordos aos asistentes. Esta ruta de clásicos estaba organizada pola Escudería Clásicos de Ourense e contaba coa colaboración de Clásicos Valdeorras e de Protección Civil do Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button