ConcellosÚltima hora

Un accidente entre unha moto e un coche deixa un ferido en Trives

Ás catro da tarde deste sábado 29 de xuño producíase un accidente de tráfico na estrada OU-636 (Trives/Freixido) no termo municipal da Pobra de Trives, no quilómetro 0700. Nel víanse implicados un coche e unha moto. Como resultado do sinistro quedaba ferido o motorista, mentres que o condutor do turismo saía ileso.

Ata o lugar do suceso trasladábanse de inmediato os membros de Protección Civil de Trives, o camión de Bombeiros de Trives, o 061 e a Garda Civil de Tráfico do Barco e Ourense. A persoa ferida era trasladada ao Hospital Comarcal Valdeorras.

Fotos da galería: Protección Civil de Trives.

 

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button