CulturaCulturaÚltima hora

Un adianto da serie “Músicos” da pintora Lola Doporto, en Miranda Moda do Barco

 

Os cadros de Lola Doporto volven ao escaparate da tenda Miranda Moda X, no Barco. Tras a exposición que esta pintora de Millarouso amosaba durante dous meses neste mesmo lugar, agora propón un adianto da súa nova serie “Músicos”, integrados no escaparate de inverno deste establecemento.

“A mostra tivo unha moi boa acollida, resultou un éxito, a verdade que á xente asombroulle a miña pintura, era algo que non esperaba, o certo é que non pasou desapercibida. Entón, cando a primeiros de decembro recollimos a exposición pois decidimos darlle continuidado co que supón un avance da miña nova colección “Músicos”, que espero expoñer no vindeiro ano, se todo vai ben”, comenta Lola Doporto.

 

Lola Doporto e Xocas Miranda, xunto a unha das obras expostas anteriormente./ Cedida.

 

Mantendo a súa liña inicial, os cadros están protagonizados por marionetas que tocan instrumentos como a gaita nuns casos e, noutro, unha mandolina. Sen dúbida, unha oportunidade máis, para seguir desfrutando da creación desta autora valdeorresa.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button