CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un alumno do CPI Laureano Prieto da Gudiña recibe un premio ao esforzo e á superación persoal

Os premios da ESO concedidos pola Xunta, valoran a capacidade de superación do alumnado que cursa 4º de Secundaria fronte ás dificultades, ben sexan de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural

Exterior do CPI Laureano Prieto da Gudiña.

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de facer pública a orde pola que se conceden os premios da ESo ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20. Trátase duns galardóns que recoñecen “a capacidade de superación de dificultades de 20 alumnas e alumnos que estudaron nese curso 4º de Secundaria, ben sexan de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultura”, entre os que está un do CPI Plurilingüe Laureano Prieto da Gudiña que recibirá 750 euros.

A Xunta destina un total de 15.000 euros para estes premios, subliñando que “o obxectivo final é que os premiados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola”.

 

Artigos relacionados

Back to top button