Mañá, luns 20 de xuño, o Clúster da Pizarra de Galicia entregará os premios aos mellores expedientes académicos no curso 2022. Unha iniciativa coa que queren premiar o esforzo e traballo do alumnado do Barco, A Rúa e Quiroga.
Tal como informan dende os propios centros, entre os premiados, que recibirán un diploma e un cheque de 300 euros, están Pablo Sanz Álvarez de 2º de Bacharelato do IES Cosme López da Rúa que recibrá o premio ás 11 no instituto; e Claudia González García de 2º de Bacharelato do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras que recibirá o seu galardón ás 12 horas no salón de actos do instituto.