CulturaEducaciónÚltima hora

Un alumno do IES Vilamarín, campión de cociña no Galiciaskills 2014

Ao facerse coa medalla de ouro Víctor Reza representará a comunidade galega nos Spainskills de cociña en abril
Víctor Reza Sánchez, vencedor galego de cociña no Galiciaskills 2014, coa súa titora.
Víctor Reza Sánchez, vencedor galego de cociña no Galiciaskills 2014, coa súa titora.

Víctor Reza Sánchez, alumno de 2º do Ciclo Superior de Dirección de Cociña no IES Vilamarín, lograba facerse coa da medalla de ouro no Galiciaskills 2014, o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos. Este resultado permitiralle asemade representar a Galicia nos Spainskills de cociña, que se celebrará no próximo mes de abril do 2015. As medallas de ouro deste campionato español participarán posteriormente no campionato internacional Worldskills e no europeo Euroskills. Spainskills e Worldskills celébrase no mesmo ano, nos impares, e Euroskills nos anos pares.

Este estudante do instituto ourensán (que estivo acompañado pola súa titora do centro, Mónica Cernadas Carrera) proclamábase campión galego nun acto celebrado na mañá do 9 de novembro no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, despois de superar en destrezas ao alumnado representante do resto dos centros de hostalería de Galicia.

O alumno do IES Vilamarín con outros concursantes do certame.
O alumno do IES Vilamarín con outros concursantes do certame.

A escola de hostalería de Vilamarín, a única da provincia de Ourense, xa ten sentado precedentes neste campionato, dado que no I Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2010 o alumno do ciclo de Servizo de restaurante e bar, Guillermo González Gómez xa obtivo a medalla de ouro neste ámbito, sendo tamén medalla de ouro na Olimpíada Nacional de Formación Profesional, Spainskills 2011 e representante de España no Euroskills 2012, onde resultou gañador da medalla de prata na Skill Servizo de restaurante e bar neste Campionato Europeo de Formación Profesional.

Artigos relacionados

Back to top button