OurenseÚltima hora

Un amuleto con moedas do xacemento de Santomé, “Peza do Mes” no Museo Arqueolóxico de Ourense

A súa presentación está prevista para o 12 de decembro ás 20h. na sala da exposición “Escolma de Escultura” en Francisco e correrá a cargo de Xulio Rodríguez
Amuleto con moedas procedente do Conxunto Arqueol—xico-Natural de SantomŽ (Ourense)./ Foto: Fernando del Río.

Non eran un simple instrumento de cambio nas transaccións económicas. A moeda vai máis alá e posúe unha diversidade de significados e propiedades en época romana, entre elas a protectora. “Enriquécese con outras moitas lecturas transversais, como o valor ritual, relixioso e de protección, que se fai patente tanto polo lugar do achado, espazos de culto e necrópoles, como polas manipulacións que poden sufrir para converterse en amuleto ou talismán”, asegura o investigador Xulio Rodríguez González con relación ao amuleto con moedas atopado no Conxunto Arqueolóxico-Natural Santomé, que será a “Peza do Mes” de decembro no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Asegura que este obxecto é un “documento excepcional, de múltiples significados” e así o explicará no acto de presentación desta obra o vindeiro mércores 12 de decembro ás 20h. na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A entrada será libre.

Na publicación que acompaña á “Peza do Mes”, Xulio Rodríguez describe este singular material arqueolóxico. “Aparece formada por dúas pequenas placas de prata, cunha perforación circular nun dos seus extremos, que protexen no seu interior dúas moedas. Un denario de Marco Aurelio (161-180) e unha 1/2 siliqua de Honorio (393-421)”.

Esta peza, conclúe, “vén a completar a visión da relixión e da superstición dos habitantes do Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé no seu devir histórico”.

Artigos relacionados

Back to top button