ConcellosO BarcoÚltima hora

Un aviso de incendio nunha vivenda mobiliza aos equipos de emerxencia no Barco

Un dos vehículos de emerxencia dirixíndose ao lugar do aviso de incendios.

 

Arredor da unha e media da tarde deste 22 de setembro un aviso de incendio nunha vivenda do Barco mobilizaba aos efectivos de emerxencias, segundo o 112 Galicia. Ardía un forno no primeiro piso dun edificio situado na avenida Manuel Quiroga da vila. Ata o lugar desprazábanse de inmediato os bombeiros do GES Valdeorras, os do parque comarcal, así como a Policía Local e a Garda Civil.

Segundo as primeiras informacións, non houbo que lamentar danos persoais e o incendio só afectou a oforno da vivenda, e inmediamente procedeuse a ventilar o piso no que se acumulou fume.

Artigos relacionados

Back to top button