OurenseÚltima hora

Un belén “artesanal e ecolóxico” en Arnuide (Vilar de Barrio)

 

A veciñanza de Arnuide, no municipio de Vilar de Barrio, apostan un ano máis por un belén “ecolóxico e artesanal”. No seu nacemento predominan as figuras “feitas a man con madeira e baixo un principio de sustentabilidade”, tal e como explican.

Teñen feito beléns en varios puntos do pobo para lograr así unhas festas en familia e en recollemento. Os veciños levan tallando as pezas e compoñendo todo o conxunto do nacemento desde hai máis de 15 anos. O total dos veciños participan nos traballos e é “unha obra de todos e para todos”. Din con humildade que “tratan de facer un nadal con tradición e con responsabilidade”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button