ConcellosParada de SilÚltima hora

Un brasileiro, ganador do XIV Concurso Fotográfico Rosa Pons, de Parada de Sil

O xurdo deste certame, ao que se presentaron 772 traballos, vén de facer público o seu fallo

“Unha Xanela á Natureza” do fotografo de Barbadás José Manuel Novoa Blanco.

 

Despois dun longo traballo de análise das 772 fotos presentadas no XIV Concurso de Fotográfico Rosa Pons, convocado polo Concello de Parada de Sil, o seu xurado, composto por Luís Baños, Fernando Sacó e Xosé Antón Vázquez; vén de emitir o seu fallo.

A foto gañadora da sección de Visións de Parada de Sil foi “Unha Xanela á Natureza” do fotógrafo de Barbadás José Manuel Novoa Blanco, ao que lle corresponde un premio de 800 euros, quedando en segundo lugar a foto “Mar de Néboa” do fotógrafo ourensán Víctor Manuel Fernández Díaz cun premio de 300 euros. Nesta sección presentáronse 90 fotos das cales a maior parte foron da provincia de Ourense.

 

Foto “ Mar de Neboa” do fotógrafo ourensán Victor Manuel Fernández Díaz.

 

No apartado de tema libre, o gañador foi Eduardo Moody Silveira de Bahía, Brasil coa foto titulada “ O Brasil da AÇAÏ” que recibirá un premio de 700 euros, queando en segundo lugar o gaditano Francisco Javier Domínguez coa foto titulada “Quietud”, cun premio de 200 euros.

 

Imaxe de Eduardo Moody Silveira de Bahía, Brasil coa foto titulada “ O Brasil da AÇAÏ”, ganador da sección tema libre.

 

Salienta o xurado que, a parte de presentarse fotos de todas a comunidades autónomas, tamén cidadáns de Colombia, Brasil, Cuba, Romanía, México e Mozambique participaron cos seus traballos. “Isto amosa que o concurso está totalmente consolidado”, segundo indican os organizadores.

 

 

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, agradece o traballo desinteresado do xurado e tamén quere dar as grazas. unha vez máis, ao empresario de Parada de Sil, afincado en Barcelona, Camilo Yañez polo finanzamento dos premios.

O acto de entrega de galardóns terá lugar no salón de plenos do concello o día 26 de agosto ás 19 horas, coa presenza do patrocinador.

 

Foto “Quietud” do gaditano Francisco Javier Domínguez.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button