ConcellosÚltima hora

Un buzo resulta ferido grave nun accidente laboral en Rubiá

En torno ás 10:30h. deste venres 10 de agosto o 112 Galicia recibía o aviso dun particular que pedía axuda indicando que estaban sacando da auga a un buzo que se atopaba traballando nunha canteira situada nas proximidades da N-536 no concello valdeorrés de Rubiá.

Inmediatamente dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriuse a intervención do persoal sanitario, que tras valorar a situación, mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense.  De igual xeito, solicitouse a colaboración dos membros do GES de Valdeorras e da Garda Civil, que acudían tamén ata o lugar, tal e como se indica dende o 112 Galicia.

O mergullador, que pertence a unha empresa que traballa para a Subestación Eléctrica de Cornatel, foi trasladado na aeronave do 061 ao Hospital de Ponferrada, segundo a información feita pública polo 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button