A RúaConcellosÚltima hora

Un cactus de máis de sete metros de alto e gran valor sentimental, na Rúa Vella

 

Os cactus son famosos pola súa fortaleza e dureza, podendo chegar a medrar considerablemente e durar moitos anos. Pero o certo é que non resulta doado, e menos nun clima húmido, atopar un tan grande como o que pode verse ao carón dunha casa na praza do Forno, na Rúa Vella.

De máis de sete metros de alto (sobe por riba do tellado da casa malia estar torcido polo peso) e gran circunferencia, ten máis de 70 anos e unha forte carga sentimental para a súa propietaria, que recoñece que non pensa cortalo por nada do mundo (aínda que poida carrexar certo risco, dadas as dimensións), xa que é unha fermosa herdanza familiar. “Á miña nai gustábanlle moito e chegou a ter máis de 50 variedades de cactus”, asegura.

Nestas imaxes pode verse o tamaño deste cactus, aínda máis fermoso cando florece.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button