ConcellosÚltima horaVilamartín

“Un Camiño de Historias” en Vilamartín de Valdeorras

A Asociación Galega Cultura e Desenvolvemento Rural impartiu un obradoiro audiovisual para nenos no Centro Social Santa Lucía

Publicidade

 

“Un Camiño de Historias” é unha iniciativa que trata de recuperar a historia das peregrinacións a Santiago de Compostela por medio da fotografía e das testemuñas dos primeiros aventureiros, expertos do camiño, para comparalas coa visión dos peregrinos e poboación local actuais.

Da man da Asociación Galega Cultura e Desenvolvemento Rural nesta segunda edición o proxecto  pretende ampliar o seu alcance, aproveitando o know how adquirido na primeira fase, para investigar o impacto social, cultural e económico dos Camiños de Santiago no rural galego, recollendo as testemuñas da poboación local e peregrina e favorecendo o diálogo e o intercambio entre ambas.

 

Os asistentes ao obradoiro amosan o seu apio á candidatura de FDG para as Letras Galegas 2022.

 

“Con este diálogo analizamos as necesidades actuais e promovemos a reflexión crítica e a sensibilización sobre as novas opcións de desenvolvemento económico que propician as rutas de peregrinación no rural galego”, aseguran dende a asociación que, na xornada deste venres 18 de xuño, recalaba en Vilamartín de Valdeorras recollendo historias sobre o Camiño de Inverno cos máis pequenos da vila.

Tamén realizaban un obradoiro audiovisual no Centro Social Santa Lucía ao que asistían unha decena de cativos. Unha formación sobre uso de equipos e dispositivos TIC para familiarizarse co uso de ferramentas audiovisuais, tanto para a gravación como a edición e montaxe, co rural e o Camiño de Santiago como eixes. Houbo unha parte teórica con proxección incluída e outra práctica.

Antes de dar inicio ao obradorio, os asistentes amosaban o seu apoio á candidatura de Florencio Delgado Gurriarán como o homenaxeado da Letras Galegas 2022.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button