SanidadeÚltima hora

Un “Camiño de superación” para persoas enfermas de cancro de Ourense

Presentación do proxecto.

“Camiño de superación” é o título do pograma de actividades que está a impulsar a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense (AECC) e que pretende desenvolver “unha serie de accións no marco do Camiño de Santiago para contribuír á paulatina recuperación psicosocial e da saúde de persoas que están no proceso de superar a enfermidade, á vez que transmitimos á sociedade unha visión esperanzadora na que grazas aos progresos na ciencia, a prevención e os coidados, cada vez hai un maior número de persoas vencen a enfermidade”, tal e como se sinalaba no acto de presentación desta iniciativa, cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro do programa “O teu Xacobeo”.

A presentación do proxecto tiña lugar o 30 de outubro en Ourense e contaba coa presenza da presidenta da AECC Ourense, Dora Gómez e a traballadora social da asociación, Rocio Taboada; ademais de Xulio López, representante da empresa Aventeira Cooperativa Galega Xuvenil, encargada da asistencia técnica do proxecto, e da delegada provincial da Xunta, Marisol Díaz.

O primeiro dos proxectos deste programa desenvolverase pola ruta portuguesa entre A Garda e Santiago de Compostela, do 5 ao 7 de novembro e consistirá en camiñadas e actividades socioculturais. As iniciativas incluídas neste ambicioso programa abranguen un total de cinco áreas: o ámbito artístico, patrimonio-historia-pensamento-espiritualidade, gastronomía, ámbito deportivo e ámbito social.

Un programa que integra 3 proxectos

 Este programa consta de 3 proxectos que establecen unha estratexia de intervención conxunta e implican a realización de 3 itinerarios por distintas rutas xacobeas.

Camiño a superación. Unha ruta ao alcance de todas e todos.

    • Itinerario: Camiño Portugués
    • Datas: Do 5 ao 7 de novembro de 2019
    • Prazas: 48
    • Características especiais: Para persoas que aínda están nun proceso medio de recuperación, polo tanto as etapas serán pouco esixentes e combinarán treitos camiñando e outros en autobús.

Camiño a superación. Contaxiando ánimo.

    • Itinerario: Vía da Prata
    • Datas: Do 15 ao 20 de abril de 2020
    • Prazas: 30
    • Características especiais: Para persoas en avanzado proceso de recuperación e desenvolvendo etapas de xeito clásico, integramente camiñando

Camiño a superación. Exportando optimismoItinerario: Camiño Francés

  • Datas: Do 25 ao 31 de marzo de 2020
  • Prazas: 25
  • Características especiais: Para persoas en avanzado proceso de recuperación e desenvolvendo etapas de xeito clásico, integramente camiñando pero con participantes de todas as CC.AA. Portugal e Italia.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button