En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Un camión do lixo envorca na N-120 ao seu paso pola Rúa

O condutor deste vehículo, que resultou ferido, tivo que se excarcelado

Arredor das once da mañá deste luns 1 de abril producíase un accidente de tráfico na estrada N-120 ao seu paso pola localidade da Rúa, á altura da parroquia de Santo Estevo. Un camión que circulaba por este vial envorcaba á altura do punto quilométrico 466. O seu condutor, que resultaba ferido, quedaba atrapado no camión e tivo que ser excarcerado. Despois foi trasladado ao centro hospitalario de referencia, segundo se informa dende o 112 Galicia.

De inmediato desprazábase ata o lugar do sinistro persoal sanitario, a Garda Civil de Tráfico, os voluntarios de Protección Civil da localidade e os Bombeiros do parque de Valdeorras. Tamén se informou ao GES de Valdeorras, á Policía Local e ao servizo de mantemento das estradas por se fose necesaria a súa colaboración.

Unha vez no lugar do sinistro, os Bombeiros de Valdeorras confirmaron ao 112 Galicia que o condutor encontrábase atrapado e necesitou ser excarcerado.

Artigos relacionados

Back to top button