ConcellosÚltima hora

Un camión que transportaba polos envorca de madrugada na A-52 á altura de Toén

O sinistro prodúxose cara ás dúas da madrugada e non houbo feridos

Un camión con remolque que transportaba polos ao matadeiro de Coren, en Santa Cruz de Arrabaldo, envorcou, cara ás dúas desta madrugada, na autovía A-52, que une O Porriño con Benavente. Concretamente, o sinistro prodúxose no punto kilométrico 236,4, á altura de Toén. Segundo fontes da Guardia Civil de Tráfico, unha saída de vía provocou que a cabeza tractora e o remolque envorcasen sobre a cuneta. A pesar do aparatoso do sinistro, dende o instituto armado aclaran que non houbo que lamentar. En canto aos polos, permaneceron engaiolados dentro do remolque do camión sen provocar disturbios.

Os axentes traballaron para devolver á normalidade á zona. Entre os traballos realizados, se fixeron as labores de mantemento pertinentes para retirar restos da ensamblaxe do camión e cristais esparexidos polo asfalto. En canto ao vehículo sinistrado, cara ás catro da tarde foi retirado en transportado. Para poder levar a cabo estas labores foi necesario o corte do carril dereito da estrada.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button