ConcellosO BarcoÚltima hora

Un camión queda atrapado no túnel da saída do Barco dirección Rubiá

 

Nesta tarde de venres 23 de outubro producíase un accidente na estrada OU-622, ao final da avenida do Bierzo, xusto no túnel de saída do Barco en dirección Rubiá. Segundo as primeiras informacións, o basculante da caixa dun camión que circulaba por esta estrada partía e o vehículo quedaba atrapado no carril de entrada ao túnel.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, da Policía Local e da Garda Civil. Tamén era avisada unha grúa co fin de poder baixar a caixa con seguridade. O tránsito de vehículos pola zona era,entre tanto, regulado pola Policía Local e pola Garda Civil de Tráfico.

Arestora o camión xa foi retirado e pode circularse con normalidade pola estrada.

Artigos relacionados

Back to top button
Close