En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Un camión sáese da estrada na N-120 en Vilamartín

O accidente tiña lugar nas inmediacións da intersección de San Vicente e o condutor do camión resultaba ferido

No mediodía do 27 de outubro un camión saíase da estrada cando circulaba pola N-120 no municipio de Vilamartín de Valdeorras, nas inmediacións da intersección de San Vicente. O seu condutor resultaba ferido e era evacuado de urxencia nunha ambulancia ao centro sanitario, segundo a información feita pública dende 112 Emerxencias Galicia, que recibía o aviso do accidente en torno ás 11:45h. Dende o Centro de Atención de Emerxencias alertouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Valdeorras. Tamén se informaba ao GES do Barco, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Fotos: Lolo López.

Artigos relacionados

Back to top button