ConcellosÚltima hora

Un camioneiro resulta ferido nun accidente na estrada de Sobradelo á Baña

Ao redor das tres da tarde do 14 de xuño producíase un accidente de tráfico na estrada que une Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e A Baña. Un camioneiro resultaba ferido ao saltar da cabina cando o seu vehículo saíase da vía, segundo informa o 112 Galicia. Era un particular o que ás 15h. alertaba do suceso ao 112 Galicia.

A partir de aí, dende o Centro de Atención ás Emerxencias solicitábase intervención de Urxencias Médicas, GES de Valdeorras, Garda Civil de Tráfico, Garda Civil e Bombeiros de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button