EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un cartel que homenaxea á muller vendimadora gana o concurso da XL Feira do Viño de Amandi

Este deseño, cuxa autora é a pontevedresa Isabel Núñez, darase a coñecer o 21 de marzo no miradoiro dos Chelos

Isabel Núñez, ganadora do concurso./Foto cedida.

 

Cun deseño titulado “De sol a sol”, que representa unha homenaxe á muller vendimadora, a pontedresa Isabel Núñez Montero vén de alzarse co premio do concurso de carteis da XL Feira do Viño de Amandi. O seu traballo era elixido por unanimidade polo membros do xurado deste certame. A gañadora recibirá un premio de 600 euros.

O Concello de Sober dará a coñecer este cartel nun acto que se celebrará o día 21 de marzo no miradoiro dos Chelos, en Amandi, no que tamén será presentada a programación do Mes do Amandi e os actos da XL Feira do Viño de Amandi.

Isabel Núñez Montero gañou numerosos concursos de carteis nos últimos anos por toda Galicia, entre eles, o convocado pola Festa da Reconquista de Vigo, Festa do Marisco do Grove, Festa da Lamprea de Arbo ou polo Festival de Bandas de Música Concello de Meaño, entre outros.

 

O Miradoiro de Os Chelos (Amandi) é o lugar escollido este ano para a presentación do cartel da feira e dos actos do Mes de Amandi./ Foto cedida.

 

Finalistas

O xurado elixiu ademais 5 finalistas de entre os 38 orixinais que se presentaron, chegados de todo o Estado.

1-‘VITIS VINIFERA SEMENTE DA RIBEIRA SACRA, de Doa Ocampo de Areas-Rosende (Sober).
2-’40 ANOS DE FEIRA’ de Dulce María López Fernández, de Fene.
3-‘PAISAJE’ de Rubén Lucas García, de Torreagüera-Murcia.
4-‘BAAMANDI’ de Eduardo Pérez Bahamonde, de Cambados (Pontevedra).
5-‘NIEVA DOS VECES’ de Cesar Pérez Otero, de Sober.

O xurado

O xurado estivo composto polos deseñadores locais Humberto Loureiro e Michelín Rodríguez. Eles foron os encargados de seleccionar 6 finalistas e os propios adegueiros que participan na feira elixiron, entre eses seis, o cartel que será imaxe da XL edición da Feira do Viño de Amandi.

Durante a celebración da feira haberá unha exposición cos 38 carteis participantes.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close