ConcellosParada de SilÚltima hora

Un cazador resulta ferido en Chamoso (Parada de Sil)

 

Un cazador resultaba ferido esta mañá de domingo nun pé mentres practicaba esta actividade no lugar de Chamoso en Cordelle (Parada de Sil). Ao parecer, “disparóuselle a arma accidentalmente, e non parecía revestir gravidade, segundo indicaron os efectivos de Protección Civil de Parada de Sil” ao 112 Galicia.

Foron precisamente os membros desta agrupación de voluntarios os que, sobre as 11:30 horas acudiron ao punto para prestar axuda ao cazador. “Tras ter coñecemento do suceso informaron e solicitaron asistencia sanitaria ao 112 para o home, que estaba ferido nun pé”, segundo a información do 112 Galicia.

Con estes datos, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil. “Unha vez no punto, os membros de Protección Civil acompañaron ao ferido ata o campo de fútbol da localidade onde o agardaba unha ambulancia e que, finalmente, trasladouno ata o centro sanitario de referencia”, citando ao 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button