ConcellosDeportesGalerías de fotosÚltima hora

Un cento de camiñantes, na V Andaina de Manzaneda

Nesta edición incrementouse a participación desta cita que organiza o Concello de Manzaneda

A V Andaina de Manzaneda (AdeM), celebrada na mañá do 1 de xuño, estaba sementada de agasallos para a vista. Un cento de persoas (20 máis que na pasada edición) desfrutaban desta ruta que este ano propuña dous percorridos: un primeiro tramo de 9,4 km e o trazado completo de 13 km. A saída dábase ás 9:30h. dende o patio da escola de Manzaneda e boa parte dos camiñantes optaban por facer todo o percorrido.

Dende a organización, en mans do Concello de Manzaneda, agradeceuse o apoio dos patrocinadores, de Protección Civil da Rúa e de Manzaneda que colaboraron no evento, así como dos participantes.

Texto: Ángeles Rodríguez Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button