DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Un cento de camiñantes participan na andaina nocturna pola senda dos soutos do Bolo

A ruta, organizada polo grupo “A Torre da Homenaxe de O Bolo” celebrábase na tarde-noite do 17 de agosto

Valbuxán, Valdanta ou Xava son algunhas das localidades polas que pasou II andaina nocturna “Senda dos Soutos” organizada polo grupo “A Torre da Homenaxe de O Bolo”. Unha ruta circular con saída no pavillón de O Bolo na que participaba un cento de camiñantes.

As sete e media da tarde do venres 17 de agosto, era a hora elixida para comezar a andaina que levou aos camiñantes, bastón en man, ata o regueiro de San Bernabé. De aí ascenderon ata Valbuxán dende onde continuaron entre soutos, prados e camiños ata as aldeas de Valdanta, Xava, Chaodasdonas e o lugar de Carcaixedo, para comezar o descenso cara o regueiro, xa de regreso ao punto de partida.

En total foron uns 14 quilómetros os percorridos polos participantes, chegados dende diferentes puntos do municipio, xente que reside habitualmente fóra e que se atopa de vacacións e incluso algunha de conceellos limítrofes.

A actividade contou coa colaboración dos mmembros de Protección Civil do Bolo, e incluíu unha chocolatada (elaborada por Angelita do Mesón Volobriga) con bica e o sorteo de varios produtos cedidos polas empresas colaboradoras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button