DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Un cento de deportistas, no campionato de volei praia celebrado no Barco

O campo de area do Salgueiral acolle a proba do Circuíto Galego e a XII Copa Deputación

Unha proba do Circuíto Galego de Volei Praia 2017 e a XII edición da Copa Deputación Ourense Volei Praia. Son as dúas probas celebradas ao longo da fin de semana no Barco de Valdeorras nas que están a participar un cento de deportistas desta especialidade de toda Galicia.

En tres pistas preparadas no campo de area do Salgueiral, na xornada do sábado 24 de xuño, disputáronse os partidos das categorías sub 19 (xuvenil) e infantil feminino. Na primeira a parella gañadora foi a formada por Sabela Moreno e Enma Lojo do Barraña VP; segundas foron Lucía Prol e Aitana Fernández do Emeve VP; e terceiras as ourensás Cristina Freire e Andrea Jiménez.

Na categoría infantil, o primeiro premio foi para Sandra Castro e Carlota Vilariño do Sada VP; o segundo para Lucía Ferreiro e e Elba López do Sada VP; e o terceiro para Sara Ordóñez e Helena Calo do Barraña VP.

Na xornada de hoxe, domingo 25 de xuño, é o turno das categorías alevín e cadete (masculino e feminino) e da Copa Deputación só para os equipos de Ourense.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button