Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Un cento de docentes galegos visitan a Casa Museo de Otero Pedrayo

Realizaban tamén un roteiro literario por Trasalba con lecturas do escritor ourensán

No marco dun curso organizado polo CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) de Santiago de Compostela, un grupo de case cen docentes de ensino medio e primario visitaban na mañá do 14 de novembro a Casa Museo de Ramón Otero Pedrayo, en Trasalba. Este curso buscaba difundir o traballo intelectual dos principais membros da Xeración Nós. Ademais de achegarse ata a casa de Pedrayo, os participantes levaban a cabo un roteiro literario por Trasalba lendo textos do escritor, tal e como se informa dende a Fundación Otero Pedrayo.

Partían ao mediodía dende Trasalba en dirección a Allariz, onde os recibía Antonio Blanco. Con el visitaban a sede da Fundación Vicente Risco. E xa a última hora da tarde, percorrían o casco vello de Ourense. No Centro de Interpretación das Burgas eran recibidos por Jose Eguileta, arqueólogo municipal, quen lles falaba de Florentino Cuevillas. Este percorrido, organizado por Carlos Rodriguez, contaba asemade coa colaboración de Patricia Arias Chachero e Afonso Vázquez Monxardín.

Fotos: Fundación Otero Pedrayo.

Artigos relacionados

Back to top button