EconomíaEconomíaÚltima hora

Un cento de empresas galegas ofrece material de protección a través da plataforma Marketplace

A Xunta realiza hoxe o reparto de segundo envío de máscaras a Pemes e autónomos

 

Un cento de empresas galegas ofrece material de protección fronte ao coronavirus no Marketplace, plataforma online que se enmarca dentro do Comité de fabricación impulsado pola Xunta para xestionar a oferta e a demanda de subministración de equipamentos​, segundo informa a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Por outra banda, a administración galega realiza hoxe o reparto do segundo envío de máscaras a Pemes e autónomos para chegar así aos dous millóns repartidos. Unha actuación que se desenvolve en colaboración con preto de 50 asociacións empresariais, clústers e outras entidades para garantir “que a volta ao traballo se estea desenvolvendo con todas as garantías” e “co equipamento de protección que é preciso”.

A Xunta tamén ten en marcha unha nova liña de axudas para pemes e autónomos dotada con 2,5 millóns de euros e destinada a impulsar a reorganización produtiva das empresas galegas para facer fronte á emerxencia sanitaria, con apoios de ata 100.000 euros para facilitar as transformacións necesarias para que leven a cabo a fabricación inmediata de material de protección.

 

Artigos relacionados

Back to top button