EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Un cento de persoas na I Festa do Pulpo en Vilamartín

O xantar tiña lugar no mediodía do Sábado Santo no bar das piscinas

Mentres O Bolo celebraba a IX edición da Festa da Vitela coa carne como protagonista, noutro punto da comarca Vilamartín de Valdeorras iniciaba a traxectoria dunha nova cita gastronómica, cun alimento do mar.

No mediodía do Sábado Santo, 26 de marzo, o bar das piscinas acollía a I edición da Festa do Pulpo, unha actividade organizada por Seindra, Servicios y Mantenimientos á que asistía un cento de persoas de todas as idades.

Por 15 euros, os asistentes puderon degustar un menú composto por empanada de bonito, pulpo con patacas (servido por Lula Fidalgo), pan, bebida, postre e café.

Artigos relacionados

Back to top button