DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Un cento de persoas participan na andaina Os Mouchos, no Barco

A saída tiña lugar dende a praza do Concello na noite do 27 de xullo

Na noite en que tiña lugar o fermoso eclipse de lúa (un dos máis longos da historia malia que as nubes impediron que se vise en todo o seu explendor), os participantes na XI andaina Os Mouchos organizada polo Club Peña Trevinca Barco, concentrábanse na praza do Concello da localidade barquense equipados con chalecos reflectores e lanternas.

E tralas instruccións dadas pola organización, pasadas as once un cento de persoas comezaban o percorrido nocturno sobre un circuíto duns 12 quilómetros polas localidades de Veigamuíños, O Castro, Tremiñá e Vilanova, regresando de novo ao punto de partida.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button