ConcellosSoberÚltima hora

Un coche cae por un barranco no municipio de Sober

 

A primeira hora da tarde deste domingo 8 de novembro producíase un accidente de tráfico cun ferido no municipio lucense de Sober. Un condutor caía co seu coche por un desnivel “cando trataba de esquivar unha árbore atravesada na vía”, segundo o 112 Galicia. “Así o comunicaron os voluntarios de Protección Civil da localidade lucense de Sober, que acudiron ao rescate do único ocupante do turismo. Tamén se desprazou unha dotación do Parque de Bombeiros de Monforte, pois eran necesarios medios especializados para sacar ao ferido do interior do vehículo e facilitar a súa atención por parte dos profesionais sanitarios”, indica o 112 Galicia.

O operativo de emerxencias activábase ás tres desta tarde, despois de que o 112 Galicia recibise a chamada dun particular alertando de un vehículo caera por un barranco duns cinco metros de profundidade no lugar da Vacariza, en Sober. De inmediato mobilizábase a Proteccióin Civil de Sober, aos Bombeiros de Monforte, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “que se fixeron cargo  fixéronse cargo da atención do ferido e posterior traslado ao centro hospitalario de referencia”.

Artigos relacionados

Back to top button